| |
| | Vieiros: Cartas á directora |
 | | Varios amigos da vila do Baño, Cuntis (Pontevedra) realizamos a proposta en agosto de 2003 de tentar pórlle por nome ao Auditorio municipal (ou "Casa das Artes") o de Xohán Xesús González: escritor cuntiense, xornalista, avogado, dramaturgo, político e sindicalista,... |
 | | Continuando coa mesma teimosía coa que iniciamos tal proxecto de "dignificación da historia recente local", reiteraremos antes do 14 de novembro a nosa solicitude ("candidatura"), e buscando paralelamente que para ao 2006 Cuntis colabore co proxecto do "Ano da Memoria". |
 | | Para que surta efecto sería convinte que mandasedes as vosas adscricións á Casa do Concello de Cuntis, Praza da Constitución, s/n, O Baño, c.p.: 36670, Cuntis (Pontevedra). |
| www.vieiros.com /direccion/carta.php?id=223 (209 words) |
|